|
Obxectivos. O obxetivo esencial e prioritario, tal e
como consta nos nosos estatutos, é a promoción e realización de cantas
actividades contribúan a mellorar as condicións de vida das persoas ca
Síndrome de Down, favorecendo a súa plena integración familiar, escolar,
laboral e social e o desenvolvemento
dunha vida normal. Dentro dos nosos obxectivos están: ·
Fomentar a
constitución de Asociacións en todos aqueles lugares onde non se atenda as
persoas coa Síndrome de Down, especialmente en Galicia. ·
Estimular as
relacións entre os seus membros. ·
Impulsar e
potenciar os obxectivos e as actividades dos seus membros. ·
Estudiar e
promover disposicións legais que garantan os dereitos das persoas coa
Síndrome de Down. ·
Establecer
programas e accións encamiñadas a promover estudios científicos sobre a
Síndrome de Down. ·
Promover e
realizar campañas de información e mentalización social para difundir o
coñecemento e a realidade das persoas coa Síndrome de Down. ·
Representar
ós seus membros ante as entidades públicas e privadas e demais organismos en
cuestións de interese xeral ou a petición dos mesmos. ·
Promover
proxectos de integración escolar, laboral, social e programas de saúde. ·
Impulsar e potenciar
a cultura e o deporte como actividades fundamentais para o normal
desenvolvemento das persoas con Síndrome de Down. ·
Xestionar
subvencións ante os organismos competentes de carácter local, provincial,
autonómico, nacional ou/e internacional (públicos ou privados) para obter
recursos para o seu funcionamento. ·
Organizar
comisións de traballo, grupos de estudios, sesións técnicas, congresos,
conferencias, bibliotecas, publicacións e demais actividades encamiñadas ó
cumprimento dos obxectivos e fins da Asociación. ·
Promover e
utilizar tódolos medios lícitos de propaganda e difusión para dar a coñecer a
problemática das persoas coa Síndrome de Down e das súas familias. ·
Establecer e
manter relacións de colaboración con outras organizacións que teñan obxectivos
similares, aínda que non se trate da Síndrome de Down. ·
Exercer a
vixilancia e control especialmente nas condicións hixiénico - sanitarias dos
centros específicos ou de aqueles outros en que se realice a integración das
persoas coa Síndrome de Down. ·
Calquera
outro que de maneira directa ou indirecta poida contribuír á realización dos
fins da Asociación. A Asociación respeta en todo caso a independencia e a
liberdade de actuación, funcionamento e criterios dos membros no
desenvolvemento dos seus obxectivos e actividades dentro do marco dos seus
estatutos. ·
Evitar e, si
fora necesario, denunciar a todas aquelas persoas ou entidades que actúen en
contra dos intereses das persoas coa Síndrome de Down. ·
Promover
intercambios entre profesionais das distintas institucións de Síndrome de
Down, posibilitando o coñecemento das diversas experiencias que ao longo da
xeografía nacional se estean levando a cabo. ·
Promover
cantas actividades sexan necesarias en beneficio dos mozos coa Síndrome de
Down. ·
Adquirir ou
transmitir por calquera título, bens mobles ou inmobles destinados ós fins da
Asociación.
|
||||||||||||||||
|
|