|
QUEDAMOS SEN
SUSO VAAMONDE |
Foisenos Suso Vaamonde nunha fria maña do 16 de
Febreiro, para deixarnos a todos un pouco mais orfos. Non so orfos dese vozarrón
ceibe e san, que despertaba conciencias e cantaba as verdades que algunhos non
querían oir, senon tamen orfos dunha voz que se comprometeu a fondo co País e
co Povo e que nunca se deixou levar pola tentación do "Espectáculo
barato" e o diñeiro facil e abundante.
Suso foi sempre unha "Voz ceibe" no senso
mais amplo do termo e non so cando formaba parte daquel mítico Grupo, porque o
segiu sendo ate o final. Foi precisamente esa persistencia na dignidade que supón
ser unha "Voz ceibe" a que o levou a ter que exiliarse despois daquel
inesquencibel concerto de xuño do 79 na Praza da Ferreria de Pontevedra, na que
Suso se atreveu a cantar o que outros non podían expresar nos seus discursos
por expresa prohibición gubernativa. Suso sabía que a dignidade tiña un prezo
que poñian os intranxisentes e os fascistas, pero non lle importou ter que
pagalo con un exilio forzado en Venezuela e unhos dias de carcere cando voltou o
País unhos anos mais tarde, porque Suso era un "irreductïbel", cuio
único catecismo era a honradez.
Nunca habitou nas listas de éxito, dese éxito facil
e banal, que se crea e se desfai como unha Pompa de xabón. Non era ese o seu
reino. O seu reino era a loita e o compromiso con aqueles que se vian esmagados
pola "bota violenta" da opresión e do olvido, con aqueles que
sobraban e sobran nos "Planes mastodonticos dos Tecnócratas e dos
Executivos.
Soa a tópico pero non deixa de ser certo que se ben
Suso se nos foi, a sua Obra e xa Patrimonio deste País, cos centos de Poemas
que musicalizou, porque a Poesía dos nosos Poetas era para Suso fonte
inagotabel de inspiración. Asi a Poesía de Blanco Torres, de Celso Emilio e de
tantos outros era "mais Poesía" coa voz do de Regodobargo, esa
Parroquía de Pontecaldelas que o viu nacer ala polo Nadal de 1950 e que a mente
e o corazón de Suso nunca abandonou, mesmo cando estivo lonxe. Foi a
Regodobargo a donde quixo volver cando lle chegara a hora, para que as suas
cinzas se fundiran nun abrazo co Rio Oitavén, que para Suso era o Rio mais
grande e fermoso do mundo, ese Oitavén que agora estará algo menos
contaminado.